Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO ACTIVIDADE 5: LEXISLACIÓN TOPONÍMICA T ipo de actividade D esenvolvemento R ecursos necesarios C adernos ou follas L ugar A ula ou biblioteca T empo estimado 40 M in Obxectivo R eflexionar sobre a toponimia e a necesidade de leis para protexela Nesta tarefa deberán ler (colectiva ou individualmente) estas leis e contestar as preguntas. Logo deberán expoñelo perante a aula. O obxectivo é que reflexionen sobre a toponimia e a necesidade de leis para protexela. Os nomes de lugar, os topónimos , como vimos achégannos moita máis información que sa - bermos como se chama un lugar, onde estamos, cara a onde imos... Achégannos información da súa orixe (latina, xermánica, celta...); da flora e fauna que poboa - ban os nosos lugares cotiáns: Freixeiro, O Cocho dos Carballiños, O Carreiro da Toxeira, O Pumariño, O Ervellido, O Pombal, Camiño da Anguía, O Chan da Merla, As Moscabeiriñas, A Xouba... Outros o que nos achegan é información sobre tipos de poboamento (O Pazo, O Lugar, Casmarcelo, A Quinta, A Vila...), sobre a agricultura (A Coutada, As Latas, O Eido Vello...) entre outras moitas máis achegas. Tal é así que adóitase dicir que son “páxinas do libro da historia dun país”. Pode un país borrar, eliminar, cambiar... a súa historia? Para preservar os topónimos, para recuperar, impedir deturpacións, para outorgarlles o valor patrimonial que teñen, os gobernos, as institucións ditan leis, resolucións, decreto.... Así a De - claración Universal Dos Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996) recolle, no Título segundo, sección III unha serie de compromisos ao respecto da Onomástica. Entre eles os que reprodu - cimos proclaman dereitos ao respecto dos nomes de lugar. “Toda comunidade lingüística ten dereito a preservar e usar en todos os ámbitos e ocasións o seu sistema onomástico” e “a usar os topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos e nos ámbitos privados, públicos e oficiais” (art.31 e art.32) “Toda comunidade lingüística ten dereito a facer uso dos topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos e nos ámbitos privados, públicos e oficiais” “Toda comunidade lingüística ten dereito a establecer, preservar e revisar a toponimia (...)” (art. 32.2.)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==