Guia Docente Bachillerato
GUÍA DOCENTE BACHILLERATO romano e que comeza no ano 411 e desaparece no 585, cando é absorbido polo reino visigodo de Toledo, que dura ata o ano 711, cando chegaron os árabes á península. Pa - labras da lingua sueva, ou das linguas xermánicas no seu conxunto, xunto con outras de procedencia árabe, constitúen os superestratos do galego. A influencia dos idiomas xermánicos no galego foi superficial, aínda que si quedaron numerosos restos na toponi - mia e na antroponimia. Así, de orixe xermánica conservamos moitísimos nomes de lugar, rematados en -mir ou -mil, normalmente baseados en antropónimos de propietarios e fundadores de núcleos de poboación: a praia de Samil, procedente de Salamirus ou Salamiro; Fondomil ou o camiño de Fondomil (Cabral), O Saramil (Valadares); as pozas do Remesil (Cabral) En canto aos árabes, a achega lingüística foi pouca e quedáronnos escasos restos na toponimia posto que apenas estiveron en Galicia, xa que cincuenta anos despois de chegaren á península a fronteira do reino de Galicia xa estaba no río Miño. Con xentes do norte e centro de Galicia fixéronse repoboacións no sur e resultado delas temos en Vigo dous topónimos de repoboación: Esturáns (en Coia), repoboación con asturianos ou leoneses; e Cambeses (en Cabral) con xentes do val de Camba (Rodeiro, Agolada etc.) Cando latín e galego xa eran linguas diferentes, e o castelán nacía tamén en Castela, case a totalidade da toponimia galega xa estaba formada. É unha aberración, por tanto, pensar que topónimos como Valadares, deban ser “en castelán” (entre comiñas porque case nunca os topónimos se traduciron fielmente ao castelán, senón que o que se facía era unha mera adaptación fonética) porque “sempre” foron así: non sempre foron así, é máis, algúns “foron así” dende hai menos de douscentos anos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==