Fichas Primaria II
A ctividade 11 riqueza toponímica RIQUEZA TOPONÍMICA OPCIÓN 2 VICENTE FEIXOO: “SOMOS UN POBO ESPECIALMENTE RICO EN CANTO A TOPONIMIA E MICROTOPONIMIA G aliza N omeada é a plataforma de recollida de microtopónimos que lanzou a R eal A cademia G alega o ano pasado e que , durante o confinamento , dobrou o seu número de colaboracións . A gora ten 20.000 termos rexistrados , e un total de 1.300 persoas colaboradoras rexistradas na app . Esta boa evolución da iniciativa dá medida da importancia que ten entre a poboación salvagardar e difundir a microtoponimia tradicional, como parte importante do patrimonio cultural. En palabras de Vicente Feixoo, coordinador de Galiza Nomeada e membro do Seminario de Onomástica da RAG, “todo ese patrimonio vive, basicamente, na memoria da xente maior e, precisamente por iso, corre moito risco de desaparecer”. E por iso o mencionado proxecto é, segundo Vicente Feixoo, “urxente e culturalmente importante, para gardar a pequena historia do país, a intrahistoria da aldea”. (...) Os case 20.000 nomes da terra rexistrados grazas á colaboración cidadá súmanse aos topónimos de entidades de poboacións do Nomeclátor da Galiza e aos máis de 430.000 microtopónimos rexistrados polo Proxecto Toponimia de Galicia (2000-2011). Nestes momentos xa é posíbel visualizar máis de 295.000 sobre a imaxe aérea da Galiza e descargar a información dispoñíbel sobre eles. Sobre o futuro do proxecto, Vicente Feixoo explica que “contamos con que teña moito futuro e que este éxito sexa duradeiro”. Así mesmo, recalca que “levamos anos facendo recollida e agora facemos un chamamento á xente galega para que non deixemorrer esta parte da nosa cultura, da nosa identidade” porque, asegura Feixoo, “ao final a toponimia fálanos da identidade colectiva do noso pobo”. “Eu nas charlas que dou sobre microtoponimia”, relata Vicente Feixoo, “sempre lle explico ao auditorio que a toponimia e a microtoponimia non son só lingua, nin só cultura, que tamén, senón que son unha capa de información sobre o noso territorio, que ten múltiples utilidades prácticas, por exemplo para os expedientes de xestión do territorio, para as Administracións públicas, para as asociacións veciñais e culturais, para a organización de roteiros de camiñada, para o turismo...”.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==