Fichas Primaria II

A ctividade 8 encrucillado de hidrónimos ENCRUCILLADO DE HIDRÓNIMOS Horizontais 3. Extensión de auga máis pequena co lago e de menor profundidade. 5. Zona de terra que está próxima e dá cara ao mar ou cara ao río. 8. Pequeno suco natural polo que corre a auga. 9. Construción feita nunha corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga para acumulala. 10. É o estudo da orixe e o significado dos nomes propios dos lugares 12. Curso de auga moi pouco abundante, regueiro pequeno. 13. Especie de encoro pequeno e pouco fondo. 15. Masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra. Verticais 1 Curso de auga pouco abundante, menor ca o río e maior co regato. 2. Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga. 3. Pedra plana ou táboa colocada á beira dun río, sobre a que se lava a roupa. 6. Pequenos topónimos que se atopan subordinados a un topónimo maior. 7. Os topónimos son eses nomes dos lugares que estuda a toponimia 11. Desnivel brusco ou pronunciado no leit o dun río onde se precipita a auga. 14. Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==