Fichas ESO 3º e 4º
A ctividade 11 o artigo de opinión M arcadores discursivos e conxuncións V alor equivalente Abofé Afirmación na actitude: certamente, con certeza Aínda non ben Temporal de inminencia: así que, no momento mesmo de… Alén de -Adición: ademais de, amais de -Exclusión: excepto, non sendo, agás, de quitado… Asemade Simultaneidade: ó mesmo tempo, simultameamente Así e todo Contraargumentarivo: con todo, a pesar de… Ben que Adversativo: aínda que, malia que… Co gallo de (que) Causa ou razón: co motivo de (que), por mor de (que) Como tal Exemplificación: por exemplo… Deste xeito Consecutivo: así, por tanto Disque Introduce unha dúbida ou incerteza Emporisco Adversativo: non obstante, agora ben, aínda así… Isto é Introduce unha explicación ou paráfrase: é dicir, quere dicir; noutras pala- bras… Mais Adversativo: pero, porén, non obstante Malia (que) Adversativo, concesivo e contraargumentativo: a pesar de (que), ben que… Namentres (que) Temporal: entre tanto (que) Non sendo (que) Condicional: a non ser que, de non ser que, se, de+inf Ora…ora… Disxunción: ou…ou.., ben…ben.., quer…quer… Por unha banda, pola outra Enumeración que se vai contrapor a outra: por unha parte, pola outra Verbo de Introductor de tema: sobre, no que respecta a, tocante a, referido a Xa que logo Consecutivo: por tanto, en consecuencia, daquela Se cadra Introduce unha dúbida, posibilidade e incerteza: quizais.., seica… poida que… Por moito que Concesivo: aínda que, aínda cando, malia que… Por mor de (que) Causal: por causa de (que), por culpa de, porque, por+inf F orma incorrecta F orma correcta galega *Anque Aínda que, ben que, malia que *Sen embargo Non obstante, porén *A pesares de que A pesar de que, malia que *Seique Seica, acaso *Mentras, *entrementras * namentras Mentres, entrementres, namentres *En cambio Pola contra, en tronques *Incluso Mesmo *Entonces Entón, daquela, nese intre *Pese a que, *pesia que Malia que, a pesar de *Se ben Aínda que, ben que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==