Fichas ESO 3º e 4º
A ctividade 5 lexislación toponímica Este patrimonio cultural inclúe, entre outros, os bens mobles e inmobles, as manifestacións inmateriais. E dentro destas manifestacións inmateriais está A TOPONIMIA. Establece tamén que os poderes públicos han de protexela na ordenación do territorio, no urbanismo, na paisaxe... E han de garantir a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial , xa que logo da toponimia, e preservar a TOPONIMIA TRADICIONAL por se considerar valor identitario e instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens. Compromisos e recomendacións internacionais — — Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, de 2003, ratificada polo goberno do estado no ano 2006. — — Resolución IX/4, da Novena Conferencia da ONU, sobre Normalización dos Nomes Xeográficos, Nova York, 2007. Nesta resolución indícase que toda vez que os topónimos forman parte do patrimonio cultural inmaterial cumpriría establecer programas de salvagarda e promoción da toponimia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==