Fichas ESO 3º e 4º
A ctividade 5 lexislación toponímica Contesta: a) Por que cres que se deben facer declaracións como as anteriores? O Estado español no ano 2015 aprobou a Lei 10/2015, do 26 de maio, para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Nesa lei declárase a TOPONIMIA TRADICIONAL como ben do patrimonio cultural inmaterial, como instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos territorios. Esta lei estatal tamén establece obrigas tales como velar polo respecto e conservación; transmisión, difusión e promoción; sensibilización e información. Contesta: b) Cres conveniente a leis de conservación da toponimia? Por que? c) Como promocionarías e difundirías a toponimia? En Galicia, moitos foron os concellos, entre eles o de Vigo, que aprobaron textos legais para salvagardar a toponimia tradicional, e mesmo para fomentar a súa recuperación en nomes de rúas, camiños, edificios públicos... Tal é o caso de Navia. Rúas como DAS UFAS, DAS TEIXUGUEIRAS, DA PEDRA SEIXA, DO XUNCAL... recuperaron os nomes de lugar tradicionais desa zona. Contesta: d) Como fomentarías a recuperación da toponimia? No ano 2016, o Parlamento Galego aproba a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia . Entre os seus obxectivos están a “ protección ” e a “ conservación ” do patrimonio cultural galego.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==