Fichas ESO 1º e 2º

A ctividade 11 queixémonos Queredes saber máis así que falades cun dos veciños . - Este lugar é coñecido como a Pedra da Auga entre os veciños - di . Pero vós non observades ningún cartel que o indique . Investigades en Google e resulta que é algo marabilloso . Son petroglífos , ao parecer están declarados ben de interese cultural e son os únicos , xunto ao A Devesa de Fragoselo e a o San Lourenzo en Coruxo , gravados de arte rupestre d a Idade de Bronce , entre 2.000 e 3.000 anos ante de Cristo . Necesitamos facer algo , pero que ? - pensades - Ao chegar a casa , decidides que a mellor solución é escribir unha carta ao Concello e ao Alcalde comentándolle o asunto e pedindo medidas de conservación . Para realizar esta carta , primeiro investigades máis sobre a Pedra , facedes unha listaxe sobre porqué credes que é importante a súa conservación e as medidas que se deben tomar para preservala . Logo , redactades a carta e , por último , enviades a carta ao Concello . A súa historia é incrible , pero o seu estado de conservación alármavos . O petroglifo está situado entre moitas vivendas e forma parte dun camiño que pisan todos os días a xente do lugar e os visitantes .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==