Fichas ESO 1º e 2º

A ctividade 6 lexislación sobre toponímica LEXISLACIÓN SOBRE TOPONIMIA Os nomes de lugar, os topónimos, como vimos achégannos moita máis información que como se chama un lugar, onde estamos, cara a onde imos... Achégannos información da súa orixe (latina, xermánica, celta...); da flora e fauna que poboaban os nosos lugares cotiáns: Freixeiro, O Cocho dos Carballiños, O Carreiro da Toxeira, O Pumariño, O Ervellido, O Pombal, Camiño da Anguía, O Chan da Merla, As Moscabeiriñas, A Xouba... Outros o que nos achegan é información sobre tipos de poboamento (O Pazo, O Lugar, Casmarcelo, A Quinta, A Vila...), sobre a agricultura (A Coutada, As Latas, O Eido vello...) entre outras moitas máis achegas. Tal é así que adóitase dicir que son “páxinas do libro da historia dun país”. Pode un país borrar, eliminar, cambiar... a súa historia? Para preservar os topónimos, para recuperar, impedir deturpacións, para outorgarlles o valor patrimonial que teñen os gobernos, as institucións ditan leis, resolucións, decretos ... como a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996): Toda comunidade lingüística ten dereito a preservar e usar en todos os ámbitos e ocasións o seu sistema onomástico e a usar os topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos e nos ámbitos privados, públicos e oficiais (art. 31 e art.32). Toda comunidade lingüística ten dereito a facer uso dos topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos e nos ámbitos privados, públicos e oficiais (art.32.2.). Toda comunidade lingüística ten dereito a establecer, preservar e revisar a toponimia. Estapreocupaciónde respectoá toponimianonéalleaaComunidade Europea que, na súa Resolución do ano 1987 , sobre linguas e culturas das minorías rexionais e étnicas da CE, recoméndalles aos estados membros “recoñecer oficialmente os patronímicos e topónimos establecidos nas linguas rexionais” O artigo 10 da Lei de normalización lingüística dispón que “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega” e así comeza o camiño da restauración

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==