Ficha Bachillerato

A ctividade 10 queixémonos Queredes saber máis así que falades cun dos veciños. -Este lugar é coñecido como a Pedra da Auga entre os veciños -di. Pero vós non observades ningún cartel que o indique. Investigades en Google e resulta que é algo marabilloso. Son petroglífos, ao parecer están declarados ben de interese cultural e son os únicos, xunto ao A Devesa de Fragoselo e a o San Lourenzo en Coruxo, gravados de arte rupestre da Idade de Bronce, entre 2.000 e 3.000 anos ante de Cristo. Necesitamos facer algo, pero que?- pensades- Ao chegar a casa, decidides que a mellor solución é escribir unha carta ao Concello e ao Alcalde comentándolle o asunto e pedindo medidas de conservación. Para realizar esta carta, primeiro investigades máis sobre a Pedra, facedes unha listaxe sobre porqué credes que é importante a súa conservación e as medidas que se deben tomar para preservala. Logo, redactades a carta e, por último, enviades a carta ao Concello. A súa historia é incrible, pero o seu estado de conservación alármavos. O petroglifo está situado entre moitas vivendas e forma parte dun camiño que pisan todos os días a xente do lugar e os visitantes.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==