Ficha Bachillerato

A ctividade 5 L exislación sobre toponimia Contesta: e) Cal é a túa opinión sobre: a toponimia son “páxinas do libro da historia dun país”? f) Por que cres que existe esta preocupación ou atención cara á toponimia? No ano 2016, o Parlamento Galego aproba a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia . Entre os seus obxectivos están a “protección” e a “conservación” do patrimonio cultural galego. Este patrimonio cultural inclúe, entre outros, os bens mobles e inmobles, as manifestacións inmateriais. E dentro destas manifestacións inmateriais está A TOPONIMIA. Contesta: g) Como cres que se relaciona a cultura galega coa toponimia? Establece tamén que os poderes públicos han de protexela na ordenación do territorio, no urbanismo, na paisaxe... E han de garantir a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial , xa que logo da toponimia, e preservar a TOPONIMIA TRADICIONAL por se considerar valor identitario e instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens. Contesta: h) Como cres que se relaciona a cultura galega coa toponimia? Compromisos e recomendacións internacionais — — Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, de 2003, ratificada polo goberno do estado no ano 2006. — — Resolución IX/4 , da Novena Conferencia da ONU, sobre Normalización dos Nomes Xeográficos, Nova York, 2007. Nesta resolución indícase que toda vez que os topónimos forman parte do patrimonio cultural inmaterial cumpriría establecer programas de salvagarda e promoción da toponimia.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==