Ficha Bachillerato

A ctividade 5 L exislación sobre toponimia Contesta: a) Cal é a túa opinión sobre: a toponimia son “páxinas do libro da historia dun país”? b) Por que cres que existe esta preocupación ou atención cara á toponimia? O Estado español no ano 2015 aprobou a Lei 10/2015, do 26 de maio, para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Nesa lei declárase a TOPONIMIA TRADICIONAL como ben do patrimonio cultural inmaterial, como instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos territorios. Esta lei estatal tamén establece obrigas tales como velar polo respecto e conservación; transmisión, difusión e promoción; sensibilización e información. Contesta: c) Cal é a túa opinión sobre: a toponimia son “páxinas do libro da historia dun país”? d) Por que cres que existe esta preocupación ou atención cara á toponimia? En Galicia a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece no art. 10.1 que a os topónimos de Galicia teñen só unha forma oficial: a galega. Moitas foron as administracións públicas, entre eles o Concello de Vigo, que aprobaron textos legais para salvagardar a toponimia tradicional, e mesmo para fomentar a súa recuperación en nomes de rúas, camiños, edificios públicos... En Vigo temos un exemplo deste proceder e así no polígono de Navia, rúas como DAS UFAS, DAS TEIXUGUEIRAS, DA PEDRA SEIXA, DO XUNCAL... recuperaron os nomes de lugar tradicionais desa zona.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==