Ficha Bachillerato

A ctividade 5 L exislación sobre toponimia Os nomes de lugar, os topónimos, como vimos achégannos moita máis información que sabermos como se chama un lugar, onde estamos, cara a onde imos... Achégannos información da súa orixe (latina, xermánica, celta...); da flora e fauna que poboaban os nosos lugares cotiáns: Freixeiro, O Cocho dos Carballiños, O Carreiro da Toxeira, O Pumariño, O Ervellido, O Pombal, Camiño da Anguía, O Chan da Merla, As Moscabeiriñas, A Xouba... Outros o que nos achegan é información sobre tipos de poboamento (O Pazo, O Lugar, Casmarcelo, A Quinta, A Vila...), sobre a agricultura (A Coutada, As Latas, O Eido Vello...) entre outras moitas máis achegas. Tal é así que adóitase dicir que son “páxinas do libro da historia dun país”. Pode un país borrar, eliminar, cambiar... a súa historia? Para preservar os topónimos, para recuperar, impedir deturpacións, para outorgarlles o valor patrimonial que teñen, os gobernos, as institucións ditan leis, resolucións, decreto.... Así a Declaración Universal Dos Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996) recolle no Título segundo, sección III unha serie de compromisos ao respecto da Onomástica. Entre eles os que reproducimos proclaman dereitos ao respecto dos nomes de lugar. “Toda comunidade lingüística ten dereito a preservar e usar en todos os ámbitos e ocasións o seu sistema onomástico” e “a usar os topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos e nos ámbitos privados, públicos e oficiais” (art.31 e art.32) “Toda comunidade lingüística ten dereito a facer uso dos topónimos na lingua propia do territorio, nos usos orais e escritos e nos ámbitos privados, públicos e oficiais” “Toda comunidade lingüística ten dereito a establecer, preservar e revisar a toponimia (...)” (art. 32.2.) Esta preocupación de respecto á toponimia non é allea a Comunidade Europea que, na súa Resolución do ano 1987 , sobre linguas e culturas das minorías rexionais e étnicas da CE, recoméndalles aos estados membros “recoñecer oficialmente os patronímicos e topónimos establecidos nas linguas rexionais” LEXISLACIÓN SOBRE TOPONIMIA

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==