Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego. 2, 3 e 9 de maio. Verbum. De 17.15 a 20.00 h

Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego. 2, 3 e 9 de maio. Verbum. De 17.15 a 20.00 h

Actividade rematada

Xornadas para coñecermos os recursos educativos que se realizan nos centros, presentalos, compartilos, e asemade para experimentar con diferentes materias para traballar na lingua galega.

 

Na Concellaría de Normalización Lingüística deseñamos estas xornadas como lugar de encontro e de debate para coñecermos, presentarmos e compartir aqueles proxectos que os centros de ensino levan a cabo para traballar co seu alumnado na normalización da lingua galega dende diferentes perspectivas. A ben seguro son moitos os traballos desta índole que curso tras curso están a se desenvolver nos centros, e a ben seguro tamén estes proxectos quedan no propio centro, ou poden estenderse a algún centro máis. O que pretendemos con estas xornadas é brindar un espazo onde se poidan presentar eses proxectos e compartir, acadar outros centros cos que poder estender ese traballo a máis alumnado, adaptándoo as necesidades e particularidades de cada centro. Asemade, queremos achegar recursos e propostas para traballar diferentes materias (toponimia, improvisación oral, poesía, teateo, cantigas, contos, lendas...) dende perspectivas distintas e co obxectivo de aprender e normalizar a lingua de noso.