Toponimia do Val do Fragoso. Bembrive

Toponimia do Val do Fragoso. Bembrive

Entrégase de balde na oficina de Normalización Lingüística da Casa do Concello (praza do Rei, 1-1.ª planta)

Volume 6 da Toponimia Val do Fragoso

O Concello de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo, acaba de publicar o libro Toponimia do Val de Fragoso, Bembrive, este é o sexto volume dunha colección con ánimo de seguir medrando e que neste momento presenta os seguintes volumes:

 

Volume 1 Toponimia do Val de Fragoso Coia.

Volume 2 Toponimia do Val de Fragoso Lavadores.

Volume 3 Toponimia do Val de Fragoso Beade.

Volume 4 Toponimia do Val de Fragoso Freixeiro e Sárdoma.

Volume 5 Toponimia do Val de Fragoso Comesaña.

 

Estes libros son moi apreciados pola veciñanza, así como por diferentes departamentos do propio Concello, como Urbanismo ou Estatística, así como outras Institucións.

Os topónimos son parte do noso ser, da nosa configuración como pobo, fálannos da nosa historia, da vida de antano que foi configurando a de hoxe. Xa daquela, non son só xeolocalizadores, senón informadores e transmisores de información diversa: fauna, flora, costumes, persoeiros, xeitos de cultivar a terra, cultivos, industria... Daquela esa necesidade que se aprecia para a súa recollida, corrección e transmisión a vindeiras xeracións, xa que con eles legamos o pasado.

 Asemade dende a Concellaría de Normalización Lingüística, e aproveitando toda esa información que nos achega a veciñanza das diferentes parroquias viguesas, organízanse paseos literarios con rutas específicas non só para o coñecemento dos propios topónimos do lugar senón tamén de lendas, historias e outras tradicións que levan consigo.

Estes libros son de balde e entréganse na Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (en horario de mañá).

 

Máis sobre o programa Toponimia de Vigo