RECURSOS LETRAS GALEGAS

RECURSOS LETRAS GALEGAS

Achegamos recursos creados e enviados dende os centros de ensino para traballar AS LETRAS GALEGAS

1.  Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Fonte Escura, en Vigo, queremos compartir con vós a nosa proposta para o día das Letras Galegas.
Este venres 15 realizaremos co alumnado do noso centro o xogo do BINGO das Letras Galegas a través da plataforma Webex. Para esta actividade creamos o seguinte material que vos achegamos:

1. Ruleta de homenaxeados (usarémola para saber a quen riscar no noso cartón).
2. Cartóns de homenaxeados.
3. Guía na que se inclúen todos os homenaxeados que aparecen nos cartóns.
4. Tarxetas de preguntas formuladas pola nosa comunidade educativa (o alumno/a que cante liña poderá elixir que pregunta e a quen lla envía).

 

A Concellaría de Normalización Lingüística agradécevos o traballo realizado e que o compartades coa comunidade educativa.

GRAZAS!!!