Esta actividade pertence ao programa:
Percorrido literario "Do mar e do lume, fillos todos do Vigo vello" (18 maio 2019)
Percorrido literario guiado por Pedro Feijoo
SÁBADO, 18 DE MAIO DE 2019
Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)
Punto de encontro: Banco dos contos (indicado na imaxe e no cartel do percorrido) na rúa do Pracer
Prazo de inscrición: Dende o luns 13 de maio e ata completar as prazas Inscrición
Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:30 h, e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
Saíndo do Banco dos Contos, visitaremos as ruínas do castelo de San Sebastián para, desde aí, coñecer a importancia da Panificadora, e ir baixando polo Barrio Alto, na procura de Simón na Oliveira, e de Daniel na praza dos Pescadores. Percorreremos a rúa Real e os seus misterios, descubriremos onde está a esquecida Casa do Francés, cales son as verdades e cales as mentiras de Santa María, e remataremos na praza da Constitución, lembrando que en Vigo fomos capaces mesmo de deseñar un trebello co que medir o ánimo...
Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.