SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo literario

Paseo literario "Tes ata as dez" (14/12/2019)

Paseo literario "Tes ata as dez" (14/12/2019)

SÁBADO, 14 DE DECEMBRO DE 2019

Hora de saída:                ás 11:00
Punto de encontro:     praza da Constitución


Prazo de inscrición:    dende o martes 10 de decembro e ata completar as prazas
Inscrición:  deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:30 h e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto(1)

Paseo literario guiado por Francisco Castro, autor da novela “Tes ata as 10” que nos levará polos principais espazos onde transcorre a trama.

Desde a praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, deterémonos no edificio que albergaba El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista.
Baixaremos cara ao Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da Churrería Bonilla de camiño cara á rúa Luís Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as dez. A praza de Compostela/Alameda e o Porto deportivo encamiñarannos cara á estatua de Jules Verne, protagonista da cidade e da novela.

 


(1) Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación. a lexitimación do tratamento está  baseada no consentimento das persoas interesadas.O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación. As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión,  oposición, limitación do tratamento e  portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase á dpd.vigo@vigo.org. Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL