SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo literario

Paseo literario "A gran travesía de Chiruca Macallás", 4 maio 2019

Paseo literario "A gran travesía de Chiruca Macallás", 4 maio 2019

SÁBADO, 4 DE MAIO DE 2019

Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

Punto de encontro:     Alameda do Berbés (Arcos do Berbés)
Duración aproximada: 2 horas

Prazo de inscrición:     Dende o luns 29 de abril e ata completar as prazas

Inscrición:     Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:30 h, e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto

Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión,  oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Como proclama a novela, dende os ollos do mar Vigo e A Coruña son a mesma cidade. Este paseo é a primeira parte, pois, dunha ruta que terá continuidade, sete días despois pola banda da Coruña.
Sairemos do Berbés, capital verdadeira do mar de Galiza. Camiñaremos amodo cara ao Calvario, lugar de residencia (e das tascas máis queridas) da propia Chiruca.
Conforme avancemos cara ao centro da cidade, iremos avanzando tamén cara ao centro do Mar ( aínda que non nos demos conta). Con encontros sorprendentes, como Urbano Lugrís, pintor submarino; Mamí Watá, a serea negra; ou Amaro, o santo navegante que atopou a illa do Paraíso.
1. Ribeira do Berbés  (homenaxe ás mulleres do mar)
2. Praza de Almeida (breve repaso a todos os mares do mundo)
3. O Eligio (homenaxe ao pintor-submarino Urbano Lugrís)
4. Libraría Librouro (homenaxe a Antón Patiño, o vello)
5. Bar San Amaro, rúa de Rogelio Abalde (historia dos Santos Navegantes)
6. Rúa de Lepanto ( os contos do ferrocarril)
7. Libraría Cartabón, Urzaiz 125 ( no segundo andar vive a protagonista da novela, Chiruca Macallás)
8. Bar O Xerriño, rúa de León (O segredo das fabas con ameixas)

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL