SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Documentación
Cartel do obradoiro
Obradoiro de Narración oral: Abrazar coas palabras (xaneiro-febreiro 2022)

Obradoiro de Narración oral: Abrazar coas palabras (xaneiro-febreiro 2022)

Días: (Xoves) 20, 27 de xaneiro; 3, 10, 24 de febreiro de 2022
Horario: De 17:00 a 20:00
Lugar: Verbum (Avda. de Samil, 17)

Para inscribirse debe cubrir o formulario “inscricións” que se atopa na páxina web snl.vigo.org (debe poñer no título da actividade: abrazar coas palabras)

Relatora: Charo Pita

 

Obradoiro encamiñado á practica da narración oral coa fin de adquirir recursos para desenvolver a narración de historias diante de públicos diversos, desde bebés ata adultos.
O obradoiro terá un carácter eminentemente práctico.

OBXECTIVOS
       Coñecer a estrutura dos contos orais
       Investigar xogos de tradición oral e trabalinguas
       Animar á creación de historias propias
       Fomentar e enriquecer a expresión oral
       Facilitar pautas para traballar a oralidade en contextos varios e para públicos diferentes
       Estimular a imaxinación e a creatividade

CONTIDOS
- O esquema narrativo da tradición oral. A barralla dos contos.
- Construír historias.
- Os silencios que narran.
- Contar e cantar, brincadeiras para a cativada.
- As emocións no conto narrado de viva voz.
- Narración oral e lectura en voz alta.
- Da oralidade á escrita, un camiño de ida e volta.

METODOLOXÍA
Eminentemente práctica con intervencións teóricas e propostas de xogo e debate.

 

 

 

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL