SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Exames/Probas de Celga 1, 2, 3 e 4 ano 2021

Exames/Probas de Celga 1, 2, 3 e 4 ano 2021

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados  de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

a) Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Localidades:     Santiago de Compostela niveis (Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4) e Ponferrada niveis (Celga 2, Celga 3, Celga 4)

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal (convocatorias) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

b) Presentación de solicitudes e prazo.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

c) Taxas de exame
Ademais de presentar a súa solicitude, as persoas que desexen participar nas probas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega deberán aboar a taxa que estea vixente, de acordo coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Segundo a Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, os tipos das taxas de contía fixa vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia non experimentarán ningunha actualización respecto ás contías exixibles no momento da entrada en vigor desta lei. Xa que logo, a contía da taxa correspondente á inscrición nas probas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega mantense en 16,59 euros.

A tramitación do pagamento da taxa poderá efectuarse por vía telemática ou presencial:

Se se tramita de modo telemático, accederase á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/ iniciar taxa-premer no candado aberto [acceso libre ó servizo]) e efectuarase o pagamento mediante tarxeta ou cargo na conta.

Se se tramita de modo presencial, obterase un modelo de autoliquidación de taxas que pode descargarse en branco da Oficina Virtual Tributaria para cubrir a man ou ben imprimirse xa cuberto grazas á aplicación, e que se presentará nunha entidade financeira colaboradora. Así mesmo, este modelo tamén se poderá solicitar nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia.

Os códigos que deben cubrirse son:

Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código: 07. Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.
Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.

Finalmente, achegarase o xustificante de pagamento xunto coa solicitude.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL