SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Onde

Escolas oficiais de idiomas de Galicia

Documentación
DOG da convocatoria
Curso de Linguaxe administrativa galega (LAG) e CELGA nas escolas oficiais de idiomas (prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 21 de novembro de 2025)

Curso de Linguaxe administrativa galega (LAG) e CELGA nas escolas oficiais de idiomas (prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 21 de novembro de 2025)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca cursos de linguaxe administrativa galega en liña (nivel medio_en Vigo) e máis cursos preparatorios presenciais para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis Celga 2, 3 e 4 (en Vigo), que se impartirán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2025/2026.

 

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 10 de novembro ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio 2026)

Os cursos de linguaxe administrativa están dirixidos ao persoal das administracións autonómica e local galegas, así como ao da Administración periférica do Estado en Galicia, exceptuando o persoal docente e sanitario.

Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas/os públicas/os e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregadas/os públicas/os.

 

Aos cursos preparatorios dos Celga poderán asistir todas as persoas maiores de dezaseis anos interesadas.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL