SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • Percorrido literario "Barricadas de sal", 21 outubro 2017

    Percorrido literario "Barricadas de sal", 21 outubro 2017

    REMATADA

    SÁBADO, 21 DE OUTUBRO de 2017

    Hora de saída: ás 11 horas (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

    Punto de encontro: No MERCADO DE TEIS

    Inscrición: Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30
    Praza de inscrición: Dende o día 11 de outubro e ata completar as prazas
     
    Ver máis…
  • Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara", outubro-novembro 2017

    Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara", outubro-novembro 2017

    REMATADA
    Impartido pola escritora Clara do Roxo

    1. Coñeceremos os elementos para dar formar ao texto
    2. Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles
    3. Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión
    4. Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
    5. Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita

     

    Ver máis…
  • CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo), continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral en verso e á narración oral
    Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde
    O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
    Os cursos son gratuítos

    As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

    Ver máis…
  • Paseo para recollida das herbas de san Xoán, xuño 2017

    Paseo para recollida das herbas de san Xoán, xuño 2017

    REMATADA
    A Concellaría de Normalización Lingüística (en colaboración coa Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá) organiza este paseo para a recolleita das herbas de san Xoán.

    Todas as persoas interesadas deben presentarse no lugar referido ás 17:30

    Día: 23 de xuño de 2017

    Lugar: Comeza o paseo no torreiro que está a carón do colexio Josefa Alonso de Alonso (rúa de Manuel Cominges, 14)

    Hora: Reunirémonos ás 17:30

    Ver máis…
  • Paseo literario e toponímico pola ría de Vigo e a illa de Ons, xuño 2017

    Paseo literario e toponímico pola ría de Vigo e a illa de Ons, xuño 2017

    REMATADA
    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza (en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos) un paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons. Talasonimia, lendas e naufraxios na ría; seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.
    Guiarán este percorrido o autor dos Fillos do mar, Pedro Feijoo, xunto con  Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

    -Data: sábado, 24 de xuño de 2017

    Ver máis…
  • Paseo polo Vigo da arte "Irmandades da Fala", xuño 2017

    Paseo polo Vigo da arte "Irmandades da Fala", xuño 2017

    REMATADA. Xa están completas todas as prazas

    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo polo Vigo da arte e da literatura das Irmandades da Fala

    Hora de saída: 11:00

    Sábado, 17 de xuño, paseo guiado por Xurxo Martínez González

    Punto de encontro, na fonte da praza que está enfronte de oliveira do paseo de Afonso XII

    Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos (levar calzado cómodo)

    Condicións da inscrición:

    -A inscrición farase enviando un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: paseo irmandades da fala
    -Prazo de inscrición: dende o día 13 de xuño -ás 9:00- e ata o 15 de xuño -ás 14:00-
    -A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo
    -A concellaría contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza
    -As solicitudes que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta
    -As solicitudes de inscrición que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta
    -Cada solicitante poderá inscribir ata un máximo de 4 persoas (nomes e teléfonos)

    Ver máis…
  • Paseo literario Carlos Casares, 3 xuño 2017

    Paseo literario Carlos Casares, 3 xuño 2017

    REMATADA
    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo

    Día 3 de xuño de 2017 (sábado) 11.00 h
    Punto de encontro: editorial Galaxia (Reconquista, 1)

    Condicións da inscrición:

    -A inscrición farase enviando un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: paseo Carlos Casares
    -Prazo de inscrición: dende o día 30 de maio -ás 9:00- e ata o 1 de xuño -ás 14:00-
    -A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo
    -A concellaría contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza
    -As solicitudes que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta
    -As solicitudes de inscrición que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta
    -Cada solicitante poderá inscribir ata un máximo de 4 persoas (nomes e teléfonos)

    Ver máis…
  • Paseo literario VERNE, 13 maio 2017

    Paseo literario VERNE, 13 maio 2017

    REMATADA. Xa están completas todas as prazas

    Día 13 de maio de 2017 (sábado)

    Condicións da inscrición:

    -A inscrición farase enviando un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: paseo Verne

    -Prazo: dende o día 10 de maio -ás 9:00- e ata o 12 de maio -ás 9:00-

    -A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo

    -A concellaría contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza

    -As solicitudes que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta

    -As solicitudes de inscrición que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta

    -Cada solicitante poderá inscribir ata un máximo de 4 persoas


    Ver o percorrido no cartel (para ver cartel, premer +ampliar)
    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL