SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • CIOV-Obradoiro de Slam, maio 2018

    CIOV-Obradoiro de Slam, maio 2018

    Rematado o prazo de inscrición

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro gratuíto de Slam, de 2’5 horas (impartido por Silvia Penas)

    Para maiores de 16 anos.

    O obradoiro terá lugar o martes, 22 de maio de 2018 no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2) de 18:00 a 20:30 (prégase puntualidade)

    Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben poñer no asunto: obradoiro slam)

    Ver máis…
  • Os Maios 2018

    Os Maios 2018

    Actividade rematada

    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera

    Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais.

    Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.

    Ver máis…
  • Paseo polo Vigo das Irmandades da Fala o 12 maio 2018

    Paseo polo Vigo das Irmandades da Fala o 12 maio 2018

    COMPLETAS TODAS AS PRAZAS. Pechado o prazo de inscrición

    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo polo Vigo da arte e da literatura das Irmandades da Fala. Guiado por Xurxo Martínez González

    SÁBADO, 12 DE MAIO DE 2018

    Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

    Punto de encontro: na fonte da praza que está enfronte da oliveira do paseo Afonso XII

    Duración aproximada: entre 1 hora e 45 minutos (cómpre levar calzado cómodo)

    Inscrición: Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30 h

    Prazo de inscrición: Dende o día 7 de maio e ata completar as prazas

    Ver máis…
  • Percorrido literario BARRICADAS DE SAL guiado polo autor da novela, Francisco Castro, abril 2018

    Percorrido literario BARRICADAS DE SAL guiado polo autor da novela, Francisco Castro, abril 2018

    COMPLETAS TODAS AS PRAZAS. Pechado o prazo de inscrición

    SÁBADO, 21 DE ABRIL DE 2018

    Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas

    Punto de encontro: saída diante da porta principal do mercado de Teis (rúa Toural de Abaixo cara á Sanjurjo Badía)

    Duración aproximada: entre hora e media e dúas horas (cómpre levar calzado cómodo)

    Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30 h

    Prazo de inscrición: dende o día 16 de abril e ata completar as prazas

    Ver máis…
  • Percorrido literario "Entre os dous hai un río" do sábado 7 de abril de 2018

    Percorrido literario "Entre os dous hai un río" do sábado 7 de abril de 2018

    COMPLETAS TODAS AS PRAZAS. Pechado o prazo de inscrición

    SÁBADO, 7 DE ABRIL DE 2018

    Inscrición: Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30 h

    Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

    Punto de encontro: saída desde diante do mercado do Calvario
    Duración aproximada: entre 1 hora e media e 2 horas (cómpre levar calzado cómodo)

    Ver máis…
  • Percorrido literario "Sombras no Ensanche" do 24 de marzo de 2018

    Percorrido literario "Sombras no Ensanche" do 24 de marzo de 2018

    COMPLETAS TODAS AS PRAZAS. Pechado o prazo de inscrición

    SÁBADO, 24 DE MARZO DE 2018

    Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

    Punto de encontro: saída desde “Detrás do MARCO” - rúa de Londres
    Duración aproximada: 2 horas e media (levar calzado cómodo)

    Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14.30 h

    Guiado pola autora da novela, Clara do Roxo

    PERCORRIDO: Saída desde “Detrás do MARCO” rúa de Londres. Príncipe-Porta do Sol- baixada pola rúa de Carral. Alameda. Rúa do Areal ata o edificio Bonín. Subida pola rúa do Porto ata edificio Curvera en García Barbón. Subida á rúa de Uruguai polas escaleiras de Santiago de Vigo. Subida por República Arxentina ata o edificio Polar en Urzaiz. Baixada por Colón ata Marqués de Valladares. Subida por Reconquista ata Policarpo Sanz. Remate na Porta do Sol.

    Ver máis…
  • 24 de febreiro de 2018: Día de Rosalía de Castro (paseo rosaliano)

    24 de febreiro de 2018: Día de Rosalía de Castro (paseo rosaliano)

    Actividade rematada
    En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.

    O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un paseo literario Polo Vigo de Rosalía, guiado por Xurxo Martínez González:
    Día: 24 de febreiro (sábado)
    Punto de encontro/saída: oliveira do Paseo de Alfonso XII ás 11 horas

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL