
24 de febreiro: Día de Rosalía, 2017
REMATADA
O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos"), e organiza diferentes actos na súa honra.
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo distintas actividades ao longo dos próximos días: lecturas de poemas, conferencias, paseo literario...
As actividades terán lugar os días 18, 20 e 23 de febreiro.