SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • CIOV-Regueifas en Bembrive (sábado 30-10-2021)

    CIOV-Regueifas en Bembrive (sábado 30-10-2021)

    Actividade rematada

    Este sábado 30 de outubro, dentro da programación de actividades polo 40 aniversario do grupo de baile Helios de Bembrive, haberá unha regueifada por conta de tres alumnas do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV).

    As actividades comezan ás 18:30.

    Ver máis…
  • Curso sobre árbores e bosques no inverno (novembro-decembro 2021)

    Curso sobre árbores e bosques no inverno (novembro-decembro 2021)

    Pechado o prazo de inscrición. NON HAI PRAZAS VACANTES

    Datas: 16, 18, 23, 25, 30 de novembro; 2 de decembro de 2021
    Horario: de 17:00 a 19:00
    Lugar: edificio Mar de Vigo, planta 5ª aula 7 (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57)
                Ligazón a google maps
    Saída: ao remate do curso haberá unha saída de campo a un bosque que se concretará durante as clases

    Para inscribirse debe cubrir o formulario “inscricións” da páxina web snl.vigo.org
    No título de actividade debe poñer: árbores

    Ver máis…
  • Curso "As castañas. O ciclo da invernía" (outubro-novembro 2021)

    Curso "As castañas. O ciclo da invernía" (outubro-novembro 2021)

    Pechado o prazo de inscrición

    DÍAS: 19, 21, 26, 28, de outubro; 2, 4 de novembro de 2021
    HORARIO: de 17:00 a 19:00
    LUGAR: edificio Mar de Vigo, planta 5ª, aula 7 (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 57) Ligazón a google maps
    SAÍDA: haberá unha saída de campo O castiñeiro e o devalo do outono en Vigo o sábado 6 de novembro. Duración: aproximadamente 2 horas

     

    INSCRICIÓN: A inscrición, de balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (no título da actividade debe poñer: castañas)

    Ver máis…
  • No verán... un conto, 2021

    No verán... un conto, 2021

    Actividade rematada

     IMPORTANTE: Hai cambios nas actividades dos días 3, 4 e 12 de setembro (poden informarse dos cambios no cadro das actividades por datas)

     

    Todas as actividades que ían ter lugar no palco exterior do Parque de Castrelos, van ter lugar na antigua PISTA DE TENIS que está no interior dos xardíns históricos do Pazo de Castrelos.

    Localicación en google maps

     

    A Concellaría de Normalización Lingüística oferta este programa para o tempo de lecer.

    Para público familiar (con idades recomendadas) e mocidade/público adulto.

    Ver máis…
  • Xogo Mulleres Sabias de Ciencia

    Xogo Mulleres Sabias de Ciencia

    Queremos celebrar convosco a importancia das mulleres na Ciencia e a importancia de facer Ciencia no noso idioma, o galego.

    A proposta é un xogo descargable no que o alumnado debe resolver unha serie de retos para descubrir a unha gran científica/tecnóloga inxustamente esquecida. Para iso, deben descifrar enigmas, superar probas criptográficas e utilizar todo o seu enxeño.

    Guía didáctica

    Ver máis…
  • Mentimeter e Kahoot Mulleres Sabias da Terra

    Mentimeter e Kahoot Mulleres Sabias da Terra

    Derivado da situación actual, creamos esta proposta de actividade en liña. Trátase dunha acción en formato gamificado. Un reto que convida o alumnado a penetrarse no uso do galego en contornas científicas e tecnolóxicas mentres descobre a grandes científicas que non gozan do recoñecemento que merecen.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL