SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • Paseo literario "A praia dos afogados", xuño 2016

    Paseo literario "A praia dos afogados", xuño 2016

    REMATADA. Completas todas as prazas
    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un novo paseo literario e toponímico polos areais vigueses ata Panxón. O traxecto farase en autobús.

    Sábado, 18 de xuño de 2016

    Para reservar praza: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 a partir das 10:00 do día 13 de xuño

    Ver máis…
  • Paseos polo Vigo literario, outubro-novembro 2015

    Paseos polo Vigo literario, outubro-novembro 2015

    REMATADA
    A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan 3 “Paseos polo Vigo literario”

    Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30

    1.-Sábado, 17 de outubro, roteiro guiado por Marta Dacosta. Saída desde Paseo de Afonso XII (no extremo de Pi i Margall) COMPLETO

    2.-Sábado, 24 de outubro, roteiro guiado por Fran Alonso. Saída da rúa García Barbón ao pé das escaleiras que soben a Alfonso XIII COMPLETO

    3.-Sábado, 7 de novembro, roteiro guiado por Fran P. Lorenzo. Saída da rúa Privada Moderna COMPLETO

    Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán), a partir do día 10 de outubro (inclusive) dende ás 10:00
    Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

    Ver máis…
  • Paseo guiado das herbas de San Xoán, xuño 2015

    Paseo guiado das herbas de San Xoán, xuño 2015

    REMATADA
    "...recollemos flores e follas, deixámolas ao relente. Amolecen e o seu bo arrecendo..."

    Nos xuntamos
    no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (camiño do Pedregal, 6)
    o día 23 de xuño
    ás 19:30, empezamos e
    ás 21:00, rematamos

    Non é necesaria ningunha inscrición.
    Levade calzado cómodo e cesta ou bolsa para colleitar as herbas...


    Ver máis…
  • Roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, 20 xuño 2015

    Roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, 20 xuño 2015

    REMATADA. COMPLETAS TODAS AS PRAZAS
    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons. Seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.
    Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

    Itinerario
    -Data: sábado, 20 de xuño de 2015
    -8:30: reunirémonos a carón da estatua de Julio Verne (nas Avenidas, ao carón do Náutico) para dende alí achegarnos ao peirao para embarcar.
    -9:00: saída do barco do peirao
    -Travesía e visitas á illa, guiadas. Nelas falaremos dos lugares da novela, dos naufraxios e da toponimia da illa e da ría
    -Cada viaxeiro poderá traer a súa comida ou concorrer aos restaurantes da illa
    -18:30: saída rumbo a Vigo

    Prezo: 10 euros (travesía e visitas, non inclúe comida)

    Reservas de praza:
    a) Dende o 8 de xuño, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos)

    b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente
    2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

    c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@minhor.org

    d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 17 de xuño, será eliminada esa reserva


    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL