Actividades de normalización lingüística para público familiar no mes de setembro 2020
Actividades rematadasA Concellaría de Normalización Lingüística promove nos vindeiros días actividades de normalización da lingua dirixidas a todos os públicos: contos, cantigas, historias, ciencia... para escoitar e gozar en familia. Dende O Calvario a Navia, pasando por Bouzas, Coia, A Miñoca e a praza da Independencia.
As actividades serán ao aire libre e respectaranse as normas, que para estas hai establecidas verbo da COVID-19. As prazas serán limitadas, haberá control de acceso, distancia entre as cadeiras e hixeine de mans.
Ver máis…