logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

OUTRAS ACCIONS FORMATIVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Cursos de linguaxe administrativa galega en liña nas escolas oficiais de idiomas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos, en liña e gratuítos, de linguaxe administrativa galega nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

Prazo de inscrición: desde o 2 de xaneiro ata o 11 de xaneiro de 2018

Os cursos terán lugar desde febreiro ata maio de 2018

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados e acreditacións equivalentes recollidos no DOG da convocatoria. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.

Toda a información completa no DOG da convocatoria

As persoas que desexen participar nos cursos deberán cubrir o formulario de inscrición telemática
As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas a través do correo electrónico asesoria.eoi@edu.xunta.es e do teléfono 981 54 65 11




ligazónFormulario de inscrición telemática

documentaciónDOG da convocatoria


<< voltar