logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro (paseo rosaliano)

En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.

O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un paseo literario Polo Vigo de Rosalía, guiado por Xurxo Martínez González:
Día: 24 de febreiro (sábado)
Punto de encontro/saída: oliveira do Paseo de Alfonso XII ás 11 horas


Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.
Valoraremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de "Cantares gallegos"

Pasearemos polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real, Oliva... Deterémonos diante da imprenta de Compañel, da biblioteca pública, da imprenta do Faro de Vigo, da sede do goberno provincial...

Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.


documentaciónCartel do percorrido

documentaciónGuía do paseo


<< voltar