logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

VI Premio Lingua de Namorar

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a que é a sexta edición do Premio Lingua de Namorar.

Quen pode concursar?

O premio está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos que poden enviar ao certame un máximo de dous textos de amor.

Como participar?

Cada concursante pode enviar un máximo de dous textos (a extensión máxima de cada un non pode superar os 350 caracteres). As mensaxes, que deben estar escritas en lingua galega, poden ser en prosa ou en verso. O prazo para presentarse a este certame está aberto ata o día 29 de xaneiro deste 2018.

Entrega de premios:

O día 14 de febreiro, coincidindo co Día dos Namorados, realizarase a entrega de premios nun acto público que se celebrará no Museo do Mar de Vigo.


ligazónWeb da Xunta da Galicia con toda a información


<< voltar