logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

IMOS CANTAR O NADAL!

IMOS CANTAR O NADAL!
Obradoiro participativo de recuperación dos Cantos de Reis e Nadal.

Destinado a público familiar, nenos e nenas de todas as idades e as súas familias (os menores de 5 anos terán que estar acompañados dunha persoa adulta).
Non é necesario ningún tipo de inscrición.

Os Cantos de Noiteboa, Cantos de Aninovo e Cantos dos Reis son os cantos propios da época do Nadal da tradición oral galega: era común organizarse en cuadrillas para ir pedir o aguinaldo dos veciños/as, de porta en porta, cantando estas pezas tradicionais e xuntar, así, algo de xantar para celebrar unha pequena festa ou paparota.

Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena.

As actividades terán lugar (ver carteis para máis información):
En Navia o 28 de decembro ás 17:00
No Calvario o 29 de decembro ás 11:00
En Teis o 29 de decembro ás 17:00


documentaciónCartel de Navia

documentaciónCartel do Calvario

documentaciónCartel de Teis


<< voltar