logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

VIGO ARRÓLATE!

VIGO ARRÓLATE! é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

É un momento de cambios, e queremos achegarvos (in)formación para esta nova etapa que encetades; actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións.

As crianzas van ver en vós un espello, vades ser o modelo para seguir. O que lles falades, cantedes, contedes, leades... van prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

Vigo arrólate! son obradoiros, charlas, contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas e para garantirlle Mil primaveras máis á nosa lingua!

Toda a información das actividades (datas, horarios, inscrición, etc.) poden consultala no seguinte enlace:


ligazónInformación das actividades (datas, horarios, inscrición, etc.)


<< voltar