logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
F

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

VI Certame de relatos breves Feiraco

A Secretaría Xeral de Política Lingüjística e Feiraco Lácteos S.L., con motivo das Letras Galegas 2017, convocan unha nova edición do Certame de relatos breves Feiraco.

Os relatos que se presenten ao certame deberán ter unha extensión máxima de 500 caracteres e comezar coas palabras "E alí estaba, sentado nun sillón azul..." coas que se quere honrar o autor que será homenaxeado o próximo 17 de maio, Carlos Casares, autor da novela Deus sentado nun sillón azul.

Haberá dúas categorías, unha xuvenil (para persoas que teñan entre 13 e 18 anos) e outra de adultos (para persoas de máis de 18 anos), con tres premios en cada unha.

O concurso estará aberto entre o 21 de abril e o mércores 17 de maio.


ligazónEnlace coa web da Xunta de Galicia


<< voltar