logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
Navia

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de escrita creativa para rapazada entre 8 e 12 anos

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xosé Neira Vilas organizan este obradoiro para a rapazada entre 8 e 12 anos.
Obradoiro gratuíto

Datas: martes 9 e xoves 11 de maio, de 18:00 a 20:00
Lugar: na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avda. Emilio Martínez Garrido, 21)

A inscrición comeza o 18 de abril ás 10:30.
As prazas cóbrense por orde de inscrición
Pódese formalizar a inscrición de calquera destes xeitos:
1.-De forma presencial na biblioteca
2.-Mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org (deben indicar nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono)
3.-A través do teléfono 986 26 77 59

Para máis información sobre o obradoiro ver a web:
bibliotecaneiravilas.vigo.org [en axenda]


O alumnado traballará en grande grupo e de xeito individual.

Seguiremos unha metodoloxía lúdico-descritiva en que o docente desenvolverá o rol de guía, moderador e facilitador. Procuraremos crear un clima de motivación e a participación activa de todo o alumnado. Botaremos man de dinámicas iniciais de distensión, narración oral, explicacións, debates, e exercicios de escrita creativa.


ligazónWeb da Biblioteca Xosé Neira Vilas

documentaciónFicha técnica do obradoiro


<< voltar