logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa) para docentes de Educación Primaria e Secundaria

Este obradoiro consta da posta en valor e transmisión dunha das pólas da nosa cultura popular galega. Algúns autores pensan que a improvisación oral en verso, como toda arte de improvisar, precisa dunhas habilidades innatas, mais isto non quere dicir que non se poida aprender sen necesidade de ter esas capacidades. Con este obradoiro de 10 horas tentaremos promover a ensinanza desta arte nos docentes da área de lingua galega para, deste xeito, tentar transmitirlla ás nosas próximas xeracións de estudantes de primaria e de secundaria e aproveitala como un axente dinamizador da lingua propia de Galicia e como un recurso motivador, de cohesión grupal e de diversión nas nosas aulas.

Datas: 24, 25, 27 de abril; 2, 4 de maio de 2017
Horario: de 19:00 a 21:00
Lugar: Na Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa da Oliva, 12)

Esta proposta tentará transmitir a técnica dende a práctica (dunha maneira lúdica) e, á súa vez, sen esquecerse da parte teórica para así comprender cómo e onde naceu esta arte, os diferentes tipos de regueifas, ritmos, rimas..., ou as diversas improvisacións orais en verso no resto do mundo.

Para se inscribir deben enviar o seu nome completo, teléfono e centro escolar ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org [poñer no asunto: obradoiro regueifa]



documentaciónPrograma do obradoiro


<< voltar