logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de guitarra: A relación entre o instrumento e a persoa

Día: 18 de marzo de 2017
Hora: de 10:00 a 14:00 (4 horas)
Lugar: Asociación O Fiadeiro (r/ Jesús Fernández N.º 3 - baixo)

Prezo socio/a: 20,00 euros
Prezo non socio/a: 30,00 euros

Imparte: Doris Estévez Cajide

Prazas limitadas

Inscricións no 629 58 53 55 / 986 25 35 85 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com
Data límite de inscrición 17 de marzo


DESTINATARIOS/AS:
Todas aquelas persoas de calquera idade que queiran coñecer todas as posibilidades que ofrece o intrumento e mais o propio corpo.

CONTIDOS:
- Os meus instrumentos (guitarra – corpo)
- Actitude persoal
- Música e movemento
- Preparación corporal, respiración relaxación (cantar - tocar)
- A guitarra: historia, coñecemento do instrumento. Exercicios imprescindibles
- Preparación práctica para tocar e cantar distintas melodías e cancións

MATERIAL IMPRESCINDIBLE: Guitarra e material de escritura

DORIS ESTÉVEZ
Cursou estudos de Guitarra no Conservatorio Superior de música de Vigo. Recibiu clases deste instrumento do profesor e concertista Miguel García Freire. Recibiu cursos de: canción infantil impartidos polo Conservatorio Profesional Mayeusis; canto tradicional na E-trad co mestre Javier Feijóo; canto coral impartidos por Teresa Paz e Alina Oraca; de guitarra co profesor cubano Aland López.
Imparte clases de guitarra dende o ano 1975. Formou catro coros parroquiales en distintas zonas.
Actualmente forma parte do Coro do Colexio de Avogados de Vigo na voz de soprano. Dirixe un dos coros parroquiais.
Dende hai máis de dez anos é mestra de guitarra na Escola de Música da Asociación O Fiadeiro.


--
O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández N.º 3 baixo
36205 Vigo (Pontevedra)


ligazónFacebook da A.C.F. O Fiadeiro

documentaciónCartel do obradoiro


<< voltar