logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de baile tradicional: BAILES DO CONDADO

Para calquera persoa interesada. Non se require ningunha formación previa.

Aprendizaxe de puntos e estrutura do baile da Zona do Condado.
Aprenderemos a bailar a xota e a muiñeira como fan nas parroquias de Mondariz, Ponteareas e Salvaterra.

Día: Sábado, 11 de marzo de 2017

Lugar: CEIP Lope de Vega

Hora: de 10.00 a 14.00 (4 horas)

Prezo socio/a: 15,00 euros
Prezo non socio/a: 25,00 euros
Prazas limitadas, mínimo 8 alumnos/as

Interesados/as anotarse en:
629 58 53 55 / 986 25 35 85 - ofiadeiro@ofiadeiro.com

Data límite de inscrición: 10 de marzo


Mestre: Javi Pose

     Comeza no mundo do baile no ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo, dirixida por Wenceslao Cabezas (Polo). En 2001 decide cambiar de aires, deixando dita escola pola A.C.F. O Fiadeiro, de Vigo, dirixida en aquel momento por Francisco Javier Feijoó (Chisco). Pasou fugazmente por outras asociacións como Pardavila e Traspés, ambas en Vigo. Foumou parte, tamén, do grupo “Nosa Terra de Pereiras”, do concello de Mos, e do grupo “A Buxaina” de Coruxo.
Actualmente pertence o grupo titular de baile da “A.C. Xacarandaina” da Coruña, e participa activamente no espectáculo “O Poder do Arcabuz”, traballo conxunto da “A.C. Xacarandaina” e da compañía “Quique Peón Cía”.
Participou dúas veces no concurso “vai de baile”, do programa Luar da TVG,
consiguindo, unha delas, chegar ata as semifinais. A súa vez, debemos engadir neste programa, unha participación no concurso “punta-tacón”, na tempada 2012-2013, na que alcanzou os cuartos de final.

     Docencia:

    Alá polo ano 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional. Esta andadura comenza, como non pode ser de outra forma na escola da “A.C.F. O Fiadeiro”, donde impartiría dúas clases de iniciación al baile tradicional, unha de nenos e outra de adultos. O mesmo tempo foi monitor do programa “Tempo de Lecer” no concello de Mos, facendo un curso de perfeccionamiento. Dito curso no grupo “Nosa Terra”. En xaneiro de 2013, comeza dar clase no grupo de baile da A.C. Pontenova, en Salvaterra de Miño, onde dirixe as clases dos distintos grupos de iniciación e perfeccionamiento do grupo de baile (nenos/as de 3 a 8 anos, nenos/as de 8 a 16 anos, e adultos). En febreiro dese mesmo ano, pasa a dar clase de iniciación, na asociación "Lume" de Vigo.

Poco tempo despois, no mes de xuño de 2013, incorporase como monitor de baile na “AA.VV. Santa Mariña” de Cabral. No mes de agosto dese mesmo ano, comeza como director de baile da “ A.C. Os Muiños” de Oliveira, en Santiago de Oliveira, Ponteareas. No mes de outubro, tamén de 2013 acepta o posto de director de baile no grupo “Do Lusco ó Fusco”, da Guarda.

A todas as direccións mencionadas, temos que sumar en 2014, a de director de baile da “A.C. A Vella Barca”, do concello de Arbo.
Finalmente, no ano 2016, toma a dirección do grupo “Refaixos e Polainas” de Baldráns, parroquia pertencente ao concello de Tui.


documentaciónCartel


<< voltar