logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de confección de saias para o traxe tradicional

O obradoiro ten como obxectivo a confección da saia paso a paso seguindo o xeito das prendas antigas.
Contaremos con material gráfico no que poderemos ollar diversas prendas de diferentes feituras e tecidos.

Non é preciso ter moitos coñecementos de costura para asistir ao obradoiro.

O cursiño será de 10 horas repartidas en 4 clases de 2 horas 30 minutos, os sábados pola tarde de 16.30 a 19.00, os días 4, 11, 18 e 25 de marzo.


Prezo: 50 euros socios/as e 60 euros non socios/as.

Prazas limitadas ata un máximo de 12 persoas.


MATERIAL NECESARIO:

- Fío
- Tesoira
- Rotulador Pilot para marcar (tinta que desaparece coa plancha)
- Cinta métrica
- Agullas
- Alfinetes
- Tecido para a saia (pano, baeta, estameña, picote...)

O resto do material preciso para o remate da saia irémolo comentando durante o curso, xa que vai depender do modelo da saia.

Interesados/as en inscribirse póñanse en contacto con nós:

O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández n.º 3 baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
629 585 355 - 986 253 585
ofiadeiro@ofiadeiro.com


ligazónFacebook da A.C.F. O Fiadeiro

documentaciónCartel do obradoiro


<< voltar