logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

24 de febreiro: Día de Rosalía

En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.

O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos"), e organiza diferentes actos na súa honra.

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo distintas actividades ao longo dos próximos días: lecturas de poemas, conferencias, paseo literario...

As actividades terán lugar os días 18, 20 e 23 de febreiro:


18 de febreiro

Paseo literario: Polo Vigo de Rosalía (guiado por Xurxo Martínez González)

Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.
Valoraremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de "Cantares gallegos"

Pasearemos polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real, Oliva... Deterémonos diante da imprenta de Compañel, da biblioteca pública, da imprenta do Faro de Vigo, da sede do goberno provincial...

Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.

A saída deste paseo será dende a Oliveira do Paseo de Afonso XII ás 11 horas.
Non cómpre inscrición.


20 de febreiro

Charla sobre Rosalía de Castro: Vigo, capital do Rexurdimento
Os cantares de Rosalía

Xurxo Martínez falará da importancia que a nosa cidade tivo no Rexurdimento. Rexurdir que tivo como unha das figuras sobranceiras a Rosalía de Castro, quen viviu na nosa cidade, onde editou os seus "Cantares Gallegos".
Achegarnos a este momento histórico, ás persoas clave dese renacer, á intelectualidade, á política e cultura do momento... serán realidades acadadas nesta charla.

A charla será presentada pola concelleira de Normalización Lingüística, Uxía Blanco

20.00 h: Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa da Oliva, 12)


23 de febreiro

Recitando a Rosalía
Actividade realizada por alumnado de diferentes centros de ensino

Auditorio municipal/praza do Rei

De 10:30 a 12:00 h
Lectura do manifesto
Achegámonos a Rosalía (coñecer a Rosalía)
Lectura de poemas doutros/as poetas á escritora
Solta de globos con poemas e mensaxes a Rosalía



documentaciónCartel das actividades

documentaciónRuta do paseo literario

documentaciónPoesías dos mupis


<< voltar