logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de recursos informáticos para traballar en galego

Destinado a persoas que desexen ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon ao dispor da lingua galega.
Non se requiren coñecementos de informática, pero convén ter familiaridade na utilización de internet.

Contidos: perséguese un achegamento ao uso integrado do conxunto de ferramentas.
O programa organízase en 3 bloques diferenciados:
1.-Verificación da corrección lingüística
2.-Aplicacións da tradución automática
3.-Dicionarios, repertorios terminolóxicos e bancos de datos textuais

Pódese consultar unha proposta pormenorizada para o desenvolvemento do programa consonte esta organización en http://sli.uvigo.gal/aulas/anl/

Datas e horario: 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16 de marzo de 2017 (de 19:30 a 21:00) e 17 de marzo (de 18:00 a 21:00). Total: 15 horas

Lugar: planta baixa [aula de informática] do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto {antiga reitoría})

Para inscribirse deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org cos seus datos (nome completo e teléfono). Poñer no asunto: obradoiro recursos informáticos


documentaciónCartel do obradoiro


<< voltar