logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Premio literario Illa Nova de Narrativa 2017

A Editorial Galaxia convoca a primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación.

Cúmprense 60 anos dende que a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova. Era 1957 e pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Méndez Ferrín, Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega".

Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa.

O prazo de admisión de orixinais pacharase o 31 de marzo de 2017.


documentaciónBases premio literario Illa Nova de Narrativa 2017


<< voltar