logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Paseo literario por BOUZAS

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo literario por Bouzas

Bouzas olladas salgadas.
No espazo lemos o tempo.

O sábado, 1 de abril, terá lugar este paseo
Duración: 2 horas (levar calzado cómodo)
Hora de saída: 11:00
Punto de encontro: adro da igrexa de Bouzas

Para se inscribir deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org, a partir do día 20 de marzo -ás 9:00- e ata o 31 de marzo -ás 9:00-. Poñer no asunto: paseo por Bouzas

Bouzas é un texto a ler.
En Bouzas atopamos as pegadas dun vivir mariño e mariñeiro; esa é a esencia e identidade do seu casco histórico.
Nesta andaina por Bouzas imos rastrexar esa ligazón de Bouzas co mar, unha vila que naceu ao carón do mar para vivir do mar.
Miraremos as casas das familias mariñeiras e as casas das familias armadoras ou propietarias de estaleiros.
Contemplaremos as fábricas que naceron para explotar o mar, ou os vestixios que permanecen.
Os estaleiros, enfiados un detrás doutro, tamén serán motivo da nosa andaina.
E falaremos do sal, que durante moitos séculos permitiu conservar o peixe, e tamén deixou pegada en forma de topónimo.


documentaciónCartel do paseo


<< voltar