logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Obradoiro de escrita creativa para rapazada

As concellarías de Normalización e Xuventude organizan este obradoiro para a rapazada entre 10 e 12 anos.
Obradoiro gratuíto.

Datas:
venres 4 de novembro, de 18:00 a 20:30 e
sábado 5 de novembro, de 11:00 a 13:30
Lugar: na Casa da Xuventude (López Mora, 31)

Para inscribirse deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org cos datos (nome completo e DNI do/a pai/nai, titor/a; teléfono/s de contacto. Nome completo do rapaz/za e idade).

Síntese do obradoiro:
Venres:
A Navia é unha rapaza de Illa Esmeralda. Coma os demais habitantes deste lugar, o resto do mundo élle totalmente alleo e descoñecido. Pero un día...
A partir deste sinxelo argumento iremos tirando do fío até dar conta das aventuras que agardan a unha rapaza curiosa e esperta na súa procura do coñecemento e das orixes do seu pobo.
Ao longo da sesión, as rapazas e rapaces irán construíndo as partes que lle faltan ao relato da nosa protagonista, caracterizando os personaes e tomando decisións importantes para o desenlace final da historia. Para isto empregarán única e exclusivamente a súa imaxinación.
O alumnado traballará de xeito lúdico e autónomo diferentes técnicas narrativas, inducíndoos a activaren o prensamento diverxente e a imaxinación mediante o debate en grande grupo, a suxestión ou a chuvia de ideas.
OBXECTIVOS:
- Participar de xeito activo na construción colectiva dun relato
- Producir textos empregando diferentes técnicas narrativas
- Exercitar o pensamento diverxente mdiante a escrita creativa
- Crear un clima de complicidade, respecto e escoita activa que favoreza o traballo en equipo
- Promover a expresión libre e a valoración das ideas propias
- Amosar a escrita literaria como un exercicio placenteiro, divertido e enriquecedor
EDUCACIÓN EN VALORES:
Traballaremos varios temas ao longo do obradoiro, integrados no fío argumental da historia. Repararemos nos valores asociados á cultura rural (tradicional) e á cultura urbana, relrexionaremos sobre os pros e os contra de modos de vida actuais e transmitiremos valores como a participación, a autonomía persoal e a igualdade entre homes e mulleres.

Sábado:
Desta volta, a nosa progatonista enfróntase a un reto ecolóxico que pon en risco a vida dos habitantes da Cidade Azul. O alumnado irá enfiando a historia até procurarlle o dereito a un mundo sen pés nin cabeza, presa do afán consumista e á irresponsabilidade dos seus habitantes.
O alumnado traballará de xeito lúdico e autónomo diferentes técnicas narrativas, inducíndoos a activaren o pensamento diverxente e a imaxinación mediante o debate en grande grupo, a toma de decisión, a suxestión ou a chuvia de ideas.
OBXECTIVOS:
- Participar de xeito activo na construción colectiva dun relato
- Producir textos empregando diferentes técnicas narrativas
- Exercitar o pensamento diverxente mediante a escrita creativa
- Crear un clima de complicidade, respecto e escoita activa que favoreza o traballo en equipo
- Promover a expresión libre e a valoración das ideas propias
- Amosar a escrita literaria como un exercicio pracenteiro, divertido e enriquecedor
EDUCACIÓN EN VALORES:
Debateremos e reflexionaremos sobre os hábitos propios dunha sociedade de consumo, e sobre a contaminación como unha das súas máis perniciosas consecuencias. O fío argumental da historia a partir da que traballaremos transmite valores como a participación, a autonomía persoal e a igualdade entre homes e mulleres.


METODOLOXÍA:
O alumnado traballará en grande grupo e de xeito individual. Seguiremos unha metodoloxía lúdico-descritiva en que o docente desenvolverá o rol de guía, moderador e facilitador. Procuraremos crear un clima de motivación e a participación activa de todo o alumnado. Botaremos man de dinámicas iniciais de distensión, narración oral, explicacións, debates e exercicios de escrita creativa.
 


documentaciónCartel


<< voltar