logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

20.000 leguas nas ondas do mar de Vigo

A Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración co Instituto de estudos Miñoranos, organizamos un novo paseo literario.

O sábado 17 de setembro achegarémonos á lírica medieval (aos trobadores da ría de Vigo) e ao novelista Jules Verne nun paseo literario pola ría de Vigo que nos levará até a illa de San Simón.

Guiarán este paseo Xosé R. Pena e Eduardo Rolland.

Sairemos ás 10.00 h (reunirémonos ás 9.45 detrás do Náutico na zona de embarque) e regresaremos ás 14.00 h. Faremos unha visita á Illa da Memoria.

O prezo deste paseo literario é de 6 euros. Pódense inscribir a partir do vindeiro luns (5) dende as 10.00 ás 13.00 h no teléfono 986 360575 (IEM).

No documento que achegamos está toda a información.


documentación201609020841391889bed4d7be082e9f6ac266fbbb9196.pdf


<< voltar