logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Charla e elaboración de crema hidratante das herbas de san Xoán

A Concellaría de Normalización Lingüística (en colaboración coa Casa da Xuventude) organiza unha charla e elaboración de crema hidratante das herbas de san Xoán.

ATENCIÓN: o día: 21 de xuño de 2017 está completo polo que repetimos esta actividade o 28 de xuño de 2017

Lugar: Casa da Xuventude (López Mora, 31). As persoas participantes deben levar un bote pequeniño, caderno e bolígrafo

Hora:
19:30-charla sobre as plantas e outros elementos da noite de san Xoán (auga, vexetación, lume...)
20:30 a 21:30-elaboración de crema hidratante de caléndula e/ou de lavanda e romeu (explicación das fases, métodos, ingredientes...). As persoas participantes levarán unha pequena mostra para as súas casas

Condicións da inscrición:
-A inscrición farase enviando un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: san xoán xuventude
-Prazo de inscrición: dende o día 14 de xuño -ás 9:00- e ata o 20 de xuño -ás 9:00-
-A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo
-A concellaría contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza


documentaciónCartel da actividade


<< voltar