logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
f

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Paseo literario e toponímico pola ría de Vigo e a illa de Ons

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza (en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos) este paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons, seguindo a novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Ao desenvolvemento da novela, achegamos talasonimia, lendas e naufraxios na ría.

Guiarán este percorrido o autor de Fillos do mar, Pedro Feijoo, xunto con Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

Itinerario

-Data: sábado, 24 de xuño de 2017

-8:45: reunímonos diante do edificio da Laxe

-9:00: saída do autobús cara a Bueu

-10:00: saída dende Bueu para Ons. Ao chegarmos á illa, comezará o percorrido guiado

-Cada viaxeiro/a poderá levar a súa comida ou xantar nos restaurantes da illa

-19:00: reunímonos no peirao de Ons

-19:30: saída da travesía rumbo a Vigo

Prezo: 18 euros (viaxe en autobús, travesía e visitas; non inclúe a comida)

Reservas de praza:

a) Dende o 12 ata o 14 de xuño, de 9:30 a 13:00, no teléfono 986 360 575 (Instituto de Estudos Miñoranos). En cada chamada só se poderán reservar, como máximo, 4 prazas. Paseo para maiores de 12 anos

b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente
2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@iem.gal

d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 19 de xuño, será eliminada esa reserva

e) Indicaráselles o número do autobús no que han ir até Bueu, no momento de confirmar a reserva


documentaciónCartel do paseo

documentaciónRuta sur


<< voltar