logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
foto

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Paseo polo Vigo da arte "Irmandades da Fala"

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo polo Vigo da arte e da literatura das Irmandades da Fala

Hora de saída: 11:00

Sábado, 17 de xuño, paseo guiado por Xurxo Martínez González

Punto de encontro, na fonte da praza que está enfronte de oliveira do paseo de Afonso XII

Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos (levar calzado cómodo)

Condicións da inscrición:

-A inscrición farase enviando un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: paseo irmandades da fala
-Prazo de inscrición: dende o día 13 de xuño -ás 9:00- e ata o 15 de xuño -ás 14:00-
-A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo
-A concellaría contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza
-As solicitudes que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta
-As solicitudes de inscrición que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta
-Cada solicitante poderá inscribir ata un máximo de 4 persoas (nomes e teléfonos)


documentaciónPercorrido do paseo

documentaciónCartel do paseo


<< voltar