logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Letra conCiencia!!!

Baixo este nome imos presentar mañá, xoves 12 de novembro, un programa de actividades dirixido ao alumnado dos centros de ensino de Vigo. Programa organizado pola Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo, e no que colaboramos a Área de Dinamización Lingüística da UVigo e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo.

"Letra con Ciencia" está inserido dentro das actividades que o SNL organiza ao redor do 4 de novembro "Día da ciencia en galego". E que mellor xeito de mostrar que en galego tamén se pode facer ciencia que demostralo con feitos. A lingua de noso non é traba ningunha para aventuras espaciais, para investigar, para achegarse á tecnoloxía, á medicina, á ciencia...

Mañá, a partir das 10.00 h váinolo demostrar a Escola de Enxeñería de Telecomunicacións (EET) no auditorio da Casa do Concello.
Alumnado de 3º e 4º da ESO e de BAC acode á presentación do programa. Participará dunha charla-coloquio sobre "A aventura espacia da EET" por conta de Aaron Nercellas, da Agrupación Aeroespacial da UVigo.
A seguir o subdirector da escola, Francisco Javier Díaz Otero, presentará o amplo programa de actividades prácticas que van levar polos centros de ensino (dende Primaria a BAC). Remataremos a xornada cunha charla sobre os drons (os UAVs): usos, posibilidades e futuro, por Nicolás Schvarchman, de Cartogalicia S.L. E como feito derradeiro a demostración de voo dun dron.

A nosa idea é poder levar estas actividades ao conxunto da poboación, xa que as consideramos de grande interese. Con seguridade en breve poderemos dar conta de onde e cando imos levalas a cabo.

Deste xeito queremos achegar a ciencia á cidadanía, dende o traballo, experiencia e bo saber facer da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo.
E que mellor feito que facelo dirixíndonos a posibles enxeñeiras e enxeñeiros de telecomunicacións.



<< voltar