logo concellaria de Normalizacion - Vigo


frase de escritor conocido


seguenos en Facebook


logotipo de viaxe ás covas do folón


consultar a Toponimia de Vigo











Centro da Interpretacion da Oralidade de Vigo


logo Vivo en Galego - SNL Vigo
imaxe río

NOVASrecomendar esta páxina en Facebookrecomendar esta páxina en Twitterrecomendar esta páxina en Google Plusrecomendar esta páxina en LinkedIn

Curso de auga doce

O obxectivo do curso é achegarse á lingua galega a través do curso dun río.
Non é un curso de galego se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe... Mais si é unha acción formativa do galego xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.
A auga doce será o fío condutor desta actividade, que nos levará polo léxico, a fraseoloxía ou a toponimia, baixo varios bloques temáticos:
Auga e relevo
Auga e vida
Auga e aproveitamento tradicional
Auga e fogar
Auga, saúde e lecer

Achegarémonos á realidade de Vigo na súa copiosa relación coa auga (neste caso auga doce): ríos e regueiros, hidronimia, muíños, bosques de ribeira, rituais relacionados coa auga...

O curso é de balde.

DATAS: 10, 12, 17, 19, 24, 26 e 31 de xaneiro; 2, 7, 9 de febreiro de 2017
LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12)
HORARIO: de 19:30 a 21:30
DURACIÓN DO CURSO: 20 horas ( + saída de 2 horas a muíños)


Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org {poñer no asunto: curso de auga doce}


documentaciónCartel da actividade


<< voltar